Saltar la navegación

Innovación e calidade

Acreditación de competencias

Solicitudes:

A solicitude de participación deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica cubrindo previamente os datos no sistema de información ACREDITACION, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado que se presentará necesariamente na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.

Fases do procedemento:

  1. Asesoramento: Nesta fase, un asesor ou unha asesora axudará ás persoas solicitantes a recompilar todas as probas que poidan achegar para defender e xustificar a súa competencia profesional: proxectos, traballos realizados, certificados oficiais de estudos (poden ser estudos incompletos ou extinguidos), cursos, referencias, informes e certificados dos empregadores. Realizarase tamén un cuestionario de autoavaliación.
  2. Avaliación das competencias profesionais: A comisión de avaliación empregará os métodos que considere necesarios para comprobar o exposto na documentación achegada na fase de asesoramento. Poden ser entre outros, a observación directa no posto de traballo, simulacións, probas estandarizadas de competencia profesional ou entrevista profesional.
  3. Acreditación e rexistro das competencias: Cando superes o proceso de avaliación obterase unha acreditación de cada unha das unidades de competencia nas que se demostrou a competencia profesional.

Máis información na web de Acreditación de competencias.

EUROPASS - CV

ERASMUS

Accede á web dos Proxectos Internacionais do CIFP Leixa.