Saltar la navegación

Sistema de Xestión da Calidade

O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Leixa forma, xunto con outros 24 centros de Galicia, a Rede Galega de Centros Integrados, uns centros educativos que ofrecen formación profesional dentro dos tres subsistemas de formación regrada, formación continua e formación de desempregados, ademais de servizos relacionados co sector da formación, como acreditación de competencias, ERASMUS, linguas estranxeiras, etc.

Sistema de Xestión da Calidade (SXC) da Rede de Centros Integrados de Galicia está baseado na norma ISO 9001:2015 e aplícase de forma uniforme en todos os centros integrados de Galicia coordinados pola Subdirección Xeral de Formación Profesional. Todos os centros integrados desenvolven os mesmos PROCEDEMENTOS (PR) utilizando os mesmos MODELOS DOCUMENTAIS (MD), aínda que hai procedementos que inclúen modelos de libre configuración polos centros e mesmo poden habilitar documentos propios, se o consideran necesario.

A norma ISO 9001:2015 está enfocada a:

  1. Mellorar a satisfacción dos clientes, no noso caso, todo o colectivo do centro, especificamente o alumnado.
  2. Analizar as debilidades e amenazas da organización para identificar os riscos e as oportunidades.
  3. Establecer procedementos de traballo que unifiquen os criterios, enfocados a uns obxectivos concretos de mellora, sobre todo o procedemento ensino-aprendizaxe.
  4. Mellorar a eficacia e a eficiencia do traballo desenvolvido no centro.
  5. Reducir o número de reclamacións.

Documentación do SXCNa actualidade o SXC inclúe 7 procesos e 24 procedementos, a meirande parte deles no apartado 8, relacionado co proceso ensino-aprendizaxe e a acreditación de competencias. Todos estes procesos están relacionados con un ou máis apartados da norma ISO 9001:2015 que consta de 10 apartados, sendo operativos, dende o punto de vista da calidade, do 4 ao 10, un total de 7 apartados con subapartados que se poden ver facendo clic na imaxe da dereita. 

A denominación dos documentos fai referencia ao Manual de Calidade (MC), ao procedemento (PR) ou ao modelo documental (MD). Tamén hai instrucións de traballo (IT). En cada un destes seguen dous números que fan referencia ao apartado da norma e ao subapartado da norma. Tras estes números hay unhas siglas que fan referencia ao subproceso.